Convocante

Concello de Covelo

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

A presente convocatoria pública de subvencións terá como obxectivo apoiar o desenvolvemento de programas ou actividades que complementen a programación e servizos municipais e que se realicen con carácter público en Covelo no ámbito das Actividades Culturais.

Beneficiarios

Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria as asociacións, ou outras realidades asociativas sen ánimo de lucro, que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Covelo á data de presentación da solicitude, e que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Covelo, que teñan capacidade para levar a cabo as actividades subvencionables.

Voltar