Convocante

Concello de Ourense

Publicación

Boletín Oficial de Ourense

Obxecto

Son obxecto desta convocatoria o financiamento dos proxectos de actividades a desenvolver dentro dos límites do termo municipal de Ourense, que persigan algún dos obxectivos e/ou medidas recollidas no III Plan para a Promoción da Equidade de Xénero do Concello de Ourense, e aqueloutros que teñan como finalidade principal potenciar e difundir as actividades de promoción da igualdade, a loita contra a violencia de xénero, a conciliación da vida persoal, familiar e laboral de mulleres e homes, a coeducación, a corresponsabilidade e calquera outra que evite a perpetuación dos roles tradicionais e os estereotipos sexistas.

Beneficiarios

Poderán acollerse a estas bases reguladoras as asociacións e colectivos integrantes do Consello Municipal da Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes. Adicionalmente, tamén poderán concorrer outros colectivos destacados no ámbito da promoción da igualdade de xénero, sempre e cando reúnan as seguintes condicións:
  • Que sexan asociacións sen finalidade de lucro, públicas ou privadas con sede social no termo municipal de Ourense e que realicen actividades de interese municipal en materia de xénero e igualdade e se atopen inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.
  • Que, conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras teñan obxectivos e finalidades acordes coa equidade de xénero (achegarase no momento da solicitude copia dos Estatutos da asociación).

Documentos

Voltar