Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

Desde o grupo cooperativo Algalia, vimos desde hai tempo desenvolvendo iniciativas en favor da conciliación laboral e persoal. Estas iniciativas están ancoradas na nosa aspiración ultima que é  “a transformación social, que se expresa no impulso dun proxecto cooperativo sustentable, responsable socialmente no ámbito da economía social e cun retorno persoal e grupal satisfactorio

Medidas de flexibilidade horaria son un sinal de identidade do noso proxecto, onde tratamos de buscar modelos harmoniosos nos que conflúan as necesidades persoais e familares das persoas que conformamos Algalia, coas necesidades organizativas de manter unha proposta de valor os nosos clientes e un proxecto socio-empresarial sustentable.

Neste senso vimos de recibir o apoio por parte da Xunta de Galicia a través do Programa de axudas para implantar a Responsabilidade Social Empresarial, a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Algunhas das iniciativas implantadas a través deste programa foron:

  • Finalización da xornada laboral en caso de viaxe
  • Solicitude compensación de horas extras rogada:
  • Solicitude de compensación de horas extras automática
  • Horario con sistema de entrada e saída flexibles nunha hora.
  • Permisos escolares
  • Habilitación de comedor nas oficinas
  • Xeración de horas a compensar por pernoita

Todas estas medidas son o desenvolvemento dos nosos principios cooperativos, nos que se trata de situar a persoa no centro da actividade económica. Seguir encontrando espazos, modelos de xestión, criterios e normativas que fagan viable estar no mercado cunha proposta de servizos que aporte valor os nosos clientes e crear un lugar de traballo onde poder crecer e desenvolverse sigue a ser a nosa principal motivación.

Celso Gándara
Xerente de Algalia S. Coop.

 

Voltar