Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

Algalia presentase no programa "Mellor Xuntos" da CRTVG

“Mellor xuntos” é un programa dedicado a dar a coñecer as historias de distintas cooperativas galegas.

Todas elas comparten o mesmo espírito de igualdade, de traballo e de esforzo. Os seus integrantes explicarán que, independentemente da actividade empresarial á que se dedique unha cooperativa, sempre se baseará na filosofía de que xuntos se desempeñan mellor os oficios.

No mes de abril saíu a reportaxe que nos fixeron a Algalia, e que nos gustaría compartir con todos vos, para que tamén nos coñezades un pouco mais, e como non, poder botar unhas risas!!! Nel contamos a nosa orixe, as inquietudes que nos moven, en fin….que a desfrutedes!

Pulsando aquí podedes ver o programa, somos a segunda experiencia, aproximadamente no minuto 9:40.

Celso Gándara
Xerente de Algalia  Servizos para o Terceiro Sector

 

Voltar