Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

Algalia é socia de FIARE e Coop57

ALGALIA vén de ser admitida como socia en dous proxectos indispensables para o desenvolvemento do Terceiro Sector e por ende, para a transformación da sociedade: FIARE e Coop57.

A presenza de ALGALIA nestes proxectos, vén motivada polo noso compromiso coa contorna, polo noso interese en retornar á sociedade parte do que ela nos aporta. É unha iniciativa máis das que temos tomado no ámbito da nosa Responsabilidade Social Empresarial.

FIARE-Banca Ética

É unha entidade bancaria, un banco, inscrito no Rexistro de Entidades Financeiras do Banco de España co número 1550. Está supervisada polos bancos centrais Europeo, Italiano e Español e suxeita aos controles de risco e morosidade esixentes.

É unha Banca Ética, xa que non especula co diñeiro.

Financia proxectos que teñan un impacto social e medioambiental positivo, de entidades sociais, que cumpran criterios éticos e sexan economicamente viables, principalmente nuns sectores determinados:

  • Loita contra a exclusión.
  • Cooperación ao desenvolvemento e comercio xusto.
  • Agroecoloxía.
  • Transformación de valores.

De base cooperativa, feito por e para a cidadanía, que se organiza en grupos nas principais localidades galegas, buscando crear redes con entidades sociais no territorio.

Fai parte da Banca Popolare Ética italiana, banco por excelencia do Terceiro Sector italiano, con forma xurídica de cooperativa.

Coop57 Galiza

É unha cooperativa de servizos financeiros, que pretende o desenvolvemento da economía social e solidaria.

Recolle o aforro popular, dos socios e socias colaboradores para destinalo ao apoio económico dos seus socios de servizos.

Organízase de acordo ao principio de proximidade coa base social, que garante o axuste á realidade e fomenta a participación.

É a sección territorial de Coop57, cooperativa catalana xurdida da caixa de resistencia dos traballadores da Editorial Bruguera.

Fai parte de varios proxectos de finanzas alternativas, entre eles de Fiare-Banca Ética.

Fran del Riego Conde
Socio Colaborador de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar