Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

15 Plans de negocio desenvolvéronse com FSC-Inserta

Desde Algalia, Servizos para o terceiro sector, estamos a participar no Programa de Asistencia Técnica e Consultoría para o deseño de Proxectos de Emprendemento Sustentable, a nivel estatal, que promove FSC-Inserta e cuxa finalidade é impulsar a inserción laboral das persoas con discapacidade.

Algalia, está integrada dentro da rede territorial, que compuxo PRAXXIS, como adxudicataria do programa.

Este programa enmárcase no Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES), e no l Programa Operativo de Emprego Xuvenil, de ámbito plurirregional e correspondente ao período de programación 2014-2020.

As principais actuacións de Algalia, neste proxecto son:

  • Valoración da ecoloxía da persoa e construción do Modelo de Negocio: partindo dunha análise profunda da madurez de proxecto traballamos co emprendedor na construción ou perfeccionamento do modelo de negocio (proposta de valor, canles, clientes, aliados recursos,..), prestando asesoramento sobre os puntos a mellorar ou reorientar, e decidir a continuidade do proceso.
  • A construción do modelo de xestión baseado no Triplo Balance: fase na que analizamos a sustentabilidade e impactos do proxecto, tanto social, ecolóxico como económico tendo como obxectivo determinar a viabilidade do mesmo.
  • Elaboración do Plan de Negocio: como documento final que recolle todo o traballo realizado e que aglutina os elementos esenciais do proxecto e que servirá de base para a posta en marcha do e como carta de presentación ós distintos axentes que se queiran involucrar no mesmo.

Ata o día de hoxe levamos quince proxectos de emprendemento, dos cales oito son en Pontevedra, un en Ourense e seis en Coruña. Entre as actividades que queren desenvolver ditos emprendedores predominan as do sector servizos (empresa de formación, axencia de seguros, mensaxería …) aínda que tamén nos atopamos algunha actividade de produción (pementos, coiro …).

A características común de todos estes emprendedores é que se trata de persoas con algún tipo de discapacidade, pero unha vez máis a experiencia está demostrando que priman máis as súas capacidades, o seu talento, a súa ilusión e o seu compromiso co proxecto.

Ángel Rodríguez
Consultor económico de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

 

 

Voltar