Convocante

Concello de Redondela

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

As presentes bases e convocatoria teñen por obxecto a concesión de subvencións, durante o
ano 2018, ás asociacións e vogalías da muller de entidades veciñais ou culturais debidamente
constituídas en asemblea demostrable a través da presentación da correspondente acta, que
figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Redondela, para o
desenvolvemento de actividades e programas de promoción da muller e da igualdade cuxa
finalidade sexan:
• A promoción da igualdade real e efectiva de mulleres e homes en todos os ámbitos.
• A prevención e o tratamento da violencia de xénero.
• A formación, orientación e asesoramento cara a busca ou consolidación do emprego.
• A promoción da conciliación, corresponsabilidade e igualdade nos fogares.
• A promoción da saúde e o autocoidado en problemáticas específicas de muller.
• O fomento da promoción persoal e a adquisición en habilidades sociais das mulleres en
risco de exclusión.
• A difusión dos dereitos das mulleres e a historia dos movementos reivindicativos das
mulleres e a promoción da participación das mulleres no eido social, cultural e artístico.
• A promoción do deporte entre as mulleres.

Beneficiarios

Terán a consideración de entidade beneficiaria das subvencións destas bases e convocatoria
todas as asociacións de mulleres e vogalías da muller de entidades veciñais ou culturais
debidamente constituídas en asemblea demostrable a través da presentación da correspondente
acta, que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Redondela, e
que conten con representación no Consello Municipal da Muller.
Para poder ser beneficiaria desta subvención as asociacións deberán cumprir os seguintes
requisitos:
a) Ser unha entidade sen ánimo de lucro.
b) Ter debidamente xustificadas as subvencións concedidas en anteriores convocatorias, ou
ben ter solicitada unha prórroga debidamente xustificada e aprobada, ou ben ter presentado
unha renuncia por escrito.
c) Levar inscrita no Rexistro municipal de asociacións do Concello de Redondela como mínimo
6 meses dende a data de publicacións destas bases e convocatoria.

Volver