Convocante

Concello de Vigo

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Estas axudas teñen por obxecto servir de estímulo ao empresariado para a contratación dos mozos e mozas do municipio de Vigo, favorecer o emprego estable e facilitar ás persoas novas a súa primeira experiencia laboral que permita mellorar o seu grao de empregabilidade e aprendizaxe na contorna da empresa, a través dos seguintes programas de axudas:

  • Programa de incentivos para a transformación de contratos temporais en indefinidos (Programa Indefinidos)
  • Programa de incentivos á contratación (Programa Contratacións)

Beneficiarios

Poderán concorrer a esta convocatoria pública as entidades e empresas privadas, independentemente da súa forma xurídica, as comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas, sociedades laborais e as persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional.

Non poderán solicitar estas axudas as entidades sen ánimo de lucro nin as persoas físicas distintas do disposto no parágrafo anterior.

Volver