Modificacións substanciais das condicións de traballo
Fonte: Algalia
Coa reforma laboral do 12 de febreiro de 2012 se modifica o artigo 41 do Estatuto dos Traballadores que fai relación ás modificacións substanciais das condicións de traballo. Enténdese por estas as modificacións que alterando o contido da prestación laboral afectan, entre outras, a: xornada de traballo, horario e distribución do tempo de traballo, réxime traballo a quendas, sistema remuneración e contía salarial, sistema de traballo e rendemento. Estas poden afectar a condicións establecidas en contrato de traballo, acordos ou pactos colectivos ou recoñecidos por decisión unilateral do empresario.
Hai dúas clases: a colectiva, que son as que afectan, nun período de 90 días, polo menos a: 10 traballadores en empresas de menos de 100; 10% de traballadores en empresas entre 100 e 300 traballadores; 30 traballadores en empresas de máis de 300. A individual é a que, no período de referencia de 90 días non alcance os limiares antes sinalados.
En canto ao procedemento tamén varía si é individual ou colectivo. No primeiro hai que facer comunicación ao traballador e os seus representantes legais cun preaviso de 15 días. No colectivo débese abrir un período de consultas cos representantes dos traballadores por un prazo máximo de 15 días. Finalizado o mesmo sen acordo hai que notificarllo aos traballadores, fornecendo efectos a medida no prazo de 7 días seguintes a tal notificación.
As opcións que ten o traballador en caso dunha modificación de carácter individual son: Impugnar a medida ante a xurisdición social no prazo de 20 días; rescindir o contrato con dereito a unha indemnización de 20 días por ano traballado si resultase prexudicado en xornada de traballo, horario e distribución de tempo de traballo, réxime do traballo a quendas, sistema de remuneración e contía salarial. A terceira opción é extinguir o contrato cando a modificación realizouse sen respectar o establecido no artigo 41 do Estatuto dos traballadores e redunde nun menoscabo da dignidade do traballador.
As opcións na colectiva, son as mesmas, pero tendo en conta que no caso da impugnación ante a xurisdición social pódese facer individualmente por cada traballador ou a través da presentación de conflito colectivo.
Rafael Carrasco
Socio responsable do área laboral de Algalia
Rúa Faisán, Nº 7, Entlo A, 36205 Vigo, Pontevedra
Rúa República Arxentina, 40 Entr. 4, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña
902 905 123
algalia@algalia.com








